CulturaMúsicaÚltima hora

XXXV Xuntanza Internacional de Gaiteiros o sábado 29 de agosto en Monterrei

A presentación do evento tivo lugar hoxe, 26 de agosto, no centro cultural Marcos Valcárcel de Ourense

Imaxe da presentación. / Foto: cedida.

 

O Castelo de Monterrei acollerá, o vindeiro 29 de agosto, a Xuntanza Internacional de Gaiteiros. Este evento, declarado de Interese Turístico e Culural, celebrará esa edición en homenaxe a Adelino Rodríguez Martínez, gaiteiro de Riós. Este mérores, 26 de agosto, tivo lugar a presentación do evento no centro cultural Marcos Valcárcel de Ourense. A esta reunión acudiron o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o director da Escola Provincial de Gaitas da Deputación, Xosé Lois Foxo e o alcalde Monterrei, José Luís Suárez.

Segundo o rexedor de Monterrei, esta actividade é “unha peza angular dentro da programación cultural que temos no Concello de Monterrei durante os meses de verán e non queriamos perdela”. Pola súa banda, Xosé Lois Foxo destacou que esta Xuntanza “forma parte da historia de Ourense e da Escola de Gaitas”. Rosendo Fernández quixo salientar que esta actividade “constituíuse ao longo dos anon como un prestixioso foro internacional onde se aglutinan dende as gaitas máis primitivas ás gaitas máis modernas”.

A programación comezará o venres, día 28, ás 19:00h. na Praza da Ermida de Flariz, cun concerto de Juan Mari Beltrán e Fernando Jalón. Os actos continuarán o sábado, ás 12:30h coa presentación do libro “La Nuossa Gaita”, de Abílio Tropa. Posteriormente, ás 19:00h, no Castelo de Monterrei comezará a Xuntanza na que actuarán trompetistas á usanza medieval, Tatiana Kostomorova, a Banda de Gaitas Nova Era de Verín, Zanfonistas da Escola Provincial de Gaitas, Xuacu Amieva, a Agrupación Musical do Concello de Riós, Flores López, as cantareiras da Real Banda, Abílio Topa, Juan Mari Beltrán & Fernando Jalón, Manuel Santín gaiteiro de Cervantes, Gaiteiros de Flariz, Germán Díaz, e a Real Banda de Gaitas da Deputación de Ourense. Paralelamente, no Hospital do Peregrino, poderase visitar unha exposición fotográfica iconográfica da gaita, dende o 24 ao 29 de agosto. O evento tamén terá transmisión por streaming.

 

Artigos relacionados

Back to top button