PolíticaÚltima hora

Yolanda Jácome, candidata socialista á alcaldía de Parada de Sil

O PSdeG-PSOE vén de presentar a súa lista neste concello ourensán para as municipais de maio
Membros da candidatura do PSdeG-PSOE ás eleccións municipais en Parada de Sil.
Membros da candidatura do PSdeG-PSOE ás eleccións municipais en Parada de Sil.

Con moitas novidades na súa lista concurrirá ás vindeiras eleccións locais de maio o partido socialista en Parada de Sil. Nela só repiten dous dos actuais cinco edí cos que conta este partido no Concello. Estará liderada por Yolanda Jácome, xove enxeñeira de telecomunicacións, que toma así o relevo ao fronte da candidatura, que anteriormente tiña encabezado o actual alcalde, Francisco Magide.

Os nomes dos membros da lista dábanse a coñecer nun acto no que participaba o secretario xeral provincial do PSdeG-PSOE, Raúl González. Nel a candidata á alcaldía amosaba a súa ilusión por ser “continuístas nas políticas levadas a cabo ata agora polo anterior alcalde, o seu compromiso con Parada de Sil e a súa disposición a traballar duro e estar sempre ao servizo da veciñanza”.

Acto de presentación da candidatura socialista en Parada de Sil.
Acto de presentación da candidatura socialista en Parada de Sil.

Para Franciso Magide esta lista é “un conxunto de experiencia, de capacidade, de veteranía e xuventude, coa que Parada ten o futuro asegurado. Conforman a lista, obreiros, xubilados, funcionarios, titulados superiores…”.

Neste acto, presentado polo número 3 Aquilino Domínguez, tamén se resaltaba que o máis importante para os veciños é “a política, unha boa política, de proximidade á xente, de integración”.

Artigos relacionados

Back to top button