EconomíaEconomíaÚltima hora

Zapatería Moral, un negocio familiar con anos de historia no Barco

De cara á tempada estival, as tendencias en calzado pasan polas sandalias, os tacóns de cuña e os tons metalizados
Moldes cos que Andrés Moral fabricaba os zapatos.
Moldes cos que Andrés Moral fabricaba os zapatos.

Branco, vermello e detalles en negro. Son as cores que Catalina Moral Martínez escolleu para dar un novo aire, moderno e atractivo, ao negocio familiar: Zapatería Moral, ubicada en pleno centro do Barco de Valdeorras.

Unha mostra desa herdanza que lle deixaron os seus proxenitores, son os dous moldes de madeira cos que seu pai, Andrés Moral, fabricaba os zapatos (a finais dos anos 50 principios dos 60) que expón nun dos escaparates. “Meu pai comezou traballando en La Favorita e despois emigrou”, explica Catalina nunha chuviosa mañá de abril, tralo mostrador do local no que leva máis de quince anos. “Cando regresaron, no ano 1978 abriron esta zapatería e ademais de vender, meu pai tamén arranxaba o calzado”, di. Despois era ela mesma a que collía as rendas do negocio, “no 2000 dinlle un pequeno lavado de imaxe (pintura basicamente) pero sería no 2010, cando o cambio foi radical”, explica.

Zapatos de tempada no escaparate de Zapatería Moral.
Zapatos de tempada no escaparate de Zapatería Moral.

Á parte das impactantes cores, Catalina optou por un tipo de escaparate pouco visto ata ese momento. “É bastante pequeno, no que expoño catro cousas e está pensado para que a xente entre no local”, di. Unha vez dentro o que Zapatería Moral ofrece ao público (de tódalas idades, tanto mulleres como homes), é sobre todo produto español e de pel, as súas marcas de identidade. A partires de aí ten un pouco de todo.

Malia estar en plena tempada de primavera, o tempo non acompaña por iso no interior aínda mantén as rebaixas (botas e zapatos de diferentes formas e con tacóns de tódolos tamaños) con importantes descontos. O escaparate é outra cousa, e decorado con mobiliario (unha tendencia que empezou a aplicar hai pouco) amosa pequenas pinceladas do calzado de tempada. De cara á estación estival, no que respecta á moda feminina poderemos ver moita sandalia aberta, en cores pastel e tamén metalizados (dourados e prateados), moita cuña e plataforma, primando a comodidade. Para as cerimonias (que traballan moito, sobre todo nos meses de abril e maio) segue destacando o tacón alto.

Fachada de Zapateria Moral na praza José Otero do Barco de Valdeorras.
Fachada de Zapateria Moral na praza José Otero do Barco de Valdeorras.
Interior da zapatería cos zapatos de home.
Interior da zapatería cos zapatos de home.
Interior da zapatería cos zapatos de muller.
Interior da zapatería cos zapatos de muller.

Con respecto ás firmas, en calzados Moral podemos atopar zapatos de Cayetano Giménez, Sixty Seven, Loyca ou Patricia Miller, para muller; e Paco Jaen, Nuper ou Baerchi, para home.

O comercio en xeral, e os locais de moda, calzado e complementos en particular, traballan moito en función da meteoroloxía. “Se o tempo acompaña as vendas cambian totalmente, se vén bo tempo é outro ritmo”, di Catalina, por iso, os comerciantes esperan que pronto escampe e chegue por fin o sol para poder amosar e vender a novidosa mercadoría.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Back to top button