CulturaMúsicaOurense

Zarzuela no Conservatorio de Música de Ourense o 19 de xuño

Alumnos de canto interpretarán “Los sobrinos del Capitán Grant” de F. Caballero
Cartaz desta peza de zarzuela.
Cartaz desta peza de zarzuela.

O vindeiro xoves 19 de xuño, o Auditorio do Conservatorio de Música de Ourense acollerá a partires das 20h. a Zarzuela “Los sobrinos del Capitán Grant” do mestre Manuel Fernández Caballero, representada polos alumnos e alumnas do Departamento de Canto, dirixidos por Ana Docampo e acompañados ao piano por Jorge Fernández.

O libreto da novela cómico-lírica é de Miguel Ramos Carrión e está baseado na novela de Julio Verne “Los hijos del capitán Grant” pero destacando os episodios máis fantásticos e propicios para desplegar grandes efectos escenográficos. Por outra banda tamén explora o campo paródico, ao deformar os personaxes e rebaixalos de categoría, buscando situacións de gran comicidade, especialidade de Ramos Carrión, un dos escritores festivos máis importantes do século XIX.

A música desta obra é moi variada e de gran calidade, chegando en moitos momentos a codearse coa opereta.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button