EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Zumaque Trío actúa entre barricas de crianza na cova da adega ruesa Joaquín Rebolledo

O concerto, que resultaba un éxito de público, tiña lugar na tarde do 15 de xuño dentro da programación da Xornada de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras

Música e viño. Era a harmonía de sensacións que propoñía a adega ruesa Joaquín Rebolledo na tarde do 15 de xuño e que atraía a numerosas persoas. A súa Cova de Crianza convertíase en escenario dun concerto de Zumaque Trío, grupo formado pola arpista bretoa Bleuenn Le Friec, o contrabaixista Alfonso Calvo e o clarinetista Pablo Pascual.

A cova enchíase de público para desfrutar da singular proposta musical desta formación con influencias dos ritmos tradicionais, pero tamén do jazz, entre outras. Este é o segundo concerto deste tipo que promove a adega Joaquín Rebolledo, tras o de Ensemble Hotteterre, organizado en xuño do pasado ano. Desta volta, a actuación estaba incluída no programa das VIII Xornadas de Portas Abertas da Ruta do Viño de Valdeorras.

Fotos cedidas pola organización.

Artigos relacionados

Back to top button