Deportes

Zumba e cine ao aire libre, os martes e mércores de agosto na Rúa Vella

A recentemente recuperada Asociación Sociocultural Sabugueiro propón actividades para todos os públicos
O zumba será os martes de agosto no Campo de San Roque.

Tras anos de inactividade, a xuventude da Rúa Vella recuperaba este ano a Asociación Sociocultural Sabugueiro, co obxectivo de programar actividades e dinamizar a localidade. A primera e máis destacada é a organización das festas patronais na honra a San Roque que se celebrarán do 14 ao 19 de agosto, pero xa teñen outras en marcha.

Unha delas será o cine ao aire libre, con sesións para todos os públicos, todos os mércores de agosto ás 22h. no Pontón. O primeiro filme proxectarase o día 7. A outra é unha clase de zumba street gratis para todos, os martes de agosto ás 20h. no campo de San Roque.

Artigos relacionados

Back to top button

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies.
Pinche el enlace para mayor información. También puede consultar aquí nuestra política de protección de datos

ACEPTAR
Aviso de cookies
Close