Zumba para abrir a V Noite Branca do Barco CCA na tardiña do 22 de xuño

Exhibición de zumba na pasada edición da “Noite Branca” do Barco CCA./ Foto: Ángeles Rodríguez.

A ritmo de zumba porase en marcha o programa da V Noite Branca do Centro Comercial Aberto (CCA) o vindeiro 22 de xuño. A partires das 21:30h. poderá desfrutarse na praza Andrés de Prada a unha exhibición deste baile da man dos nenos e adultos que asisten a esta actividade nas escolas deportivas municipais do Barco.

Esta será a segunda ocasión consecutiva na que o programa da “Noite Branca”, na que os establecementos do CCA se vestirán de festa e ofrecerán descontos, comece con zumba tras o éxito do pasado ano.

Scroll To Top

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies