Un cento de persoas participaban nesta iniciativa que tiña lugar na mañá do 21 de setembro
Godello, treixadura, María Ordoña, Mencía e Garnacha. Eran as variedades valdeorresas que tiñan a oportunidade de valorar o cento de persoas que participan na cata de uvas que tiña lugar na mañá do 21 de setembro no Centro Hípico da Coruña. Foi dirixida polo director técnico do CRDO Valdeorras, Jorge Mazaira, e no seu decurso fíxose unha ánalise sensorial dos compoñentes básicos destes tipos de uvas.
Esta iniciativa foi promovida pola consultora Servino en colaboración co Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras e coa Sociedade Hípica da Coruña.
(Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil).