Especial NadalMonográficos

Da elite social ao abandono

A Guerra Civil e a posguerra pecharon un capítulo da historia dos balnearios en España
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Malia o auxe do termalismo durante boa parte do século XIX, coa euforia construtora de novos complexos balnearios con establecemento hoteleiro incluído, cara a finais da centuria o sector parece resentirse, coa perda de bañistas de forma cada vez máis acentuada. De forma que pese ao repunte nos anos 20 “non pudo evitarse o retroceso cara a mínimos históricos durante o proceso republicano” segundo se explica na Historia sobre os balnearios de Galicia, 1700-1936.

Entre os factores que contribuíron a este retraemento da demanda está á excesiva oferta balnearia, posto que o abuso no réxime de concesións dende o derradeiro cuarto do século, orixinara unha febre construtora e con ela a aparición de numerosos balnearios de menor nivel. Ao descenso da demanda popular habería que engadir o retroceso da renda, derivado en gran medida da crise agraria e a suba do custo da vida trala inflación xerada pola guerra do 98.
Cara finais da segunda década do XX contribuirían tamén ao retroceso da demanda, a irrupción da epidemia da gripe e o crecemento da confletividade social “aínda que en menor medida e de forma máis coxuntural” indican os autores da Historia dos balnearios de Galicia.

No volume tamén se explica que dende a metade do século XIX, a terapia termal, outrora moi valorada, foi cuestionada por numerosos grupos de profesionais ao tempo que se introducía a medicina hospitalaria e a farmacolóxica como remedio para as diferentes doenzas. Así, a I Guerra Mundial contribuíu de forma decisiva a respaldar o valor dos medicamentos fronte á terapia dos baños.

Tralo estudo publicado polo equipo de historiadores encabezado polo catedeático Luis Alonso, dedúcese que a pesares do que podía parecer, cos numerosos factores que tiña en contra, “o comportamento á baixa da demanda durante o primeiro terzo do s. XX non provoca un descenso excesivamente preocupante do parámetro”, producíndose incluso un pequeno repunte a finais do período.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button