ConcellosGalerías de fotosÚltima hora

Devoción polo Cristo en Trives

Era un dos actos máis esperados polos devotos do Cristo: a procesión coa súa imaxe polas rúas de Trives. Encabezada polos membros da cofradía, a imaxe de Xesús Nazareno percorría a vila como vén sendo xa tradición no mediodía do 14 de setembro. Multitude de persoas participan nesta procesión que concluía na igrexa parroquial, onde se oficiaba a misa do día grande das Festas do Cristo en Trives. Ademais dos actos relixiosos o programa incluía numerosas propostas lúdicas e musicais.

A seguinte cita en Trives será, neste mesmo mes, a festa na honra á Virxe das Dores, popularmente coñecida como Dolorosa, cuxa data propia é o 15 de setembro, pero que dende hai moitos anos se celebra neste vila o seguinte domingo despois do Cristo.

Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button