A segunda procesión da Semana Santa tiña lugar na tarde do mércores 23 de marzo

Marcada pola inestabilidade atmosférica, con chuvia intermitente, estivo a procesión co Cristo dos Ferroviarios que na tarde do 23 de marzo percorría as rúas do Barco de Valderorras. A comitiva saía ás 21 horas da igrexa de San Mauro para completar o Vía Crucis por Eloi Mira, Marcelino Suárez, Estación de Tren e Eloi Rodriguez Barrios, regresando de novo á igrexa no casco antigo.

Malia o mal tempo e fieis á tradición, os devotos, protexidos ás veces polos paraugas, acompañaron ao Cristo na segunda procesión da Semana Santa barquense (a primeira tiña lugar o Domingo de Ramos).

O programa no Barco continúa mañá, Xoves Santo, con varios cultos. Haberá confesións dende as 9:30 horas e un acto de penitencia comunitaria ás 11:30 horas. Xa pola tarde, ás 19 horas dará comezo a misa na Cea do Señor e ás 22 horas a procesión do Silencio coa imaxe de Xesús Nazareno dende a igrexa de San Mauro polas rúas Pérez Lista, Marcelino Suárez e Eloi Mira. Ás 23 horas comezará a Hora Santa.

Fotos: Carlos G. Hervella.