Semana Santa 2018

Con gran fervor vívese na provincia de Ourense a Semana Santa. Son numerosas as manifestacións e cultos que durante este tempo se celebran nos diferentes concellos para lembrar a Paixón de Cristo. A través desta sección especial, dende o Periódico O Sil pretendemos achegar os principais actos relixiosos destas datas, pero tamén outras iniciativas culturais e festivas relacionadas con estes días.