ConcellosÚltima hora

A Idade Media volta a Sobrado de Trives

Os días 2 e 3 de de agosto esta localidade celebrará a súa cuarta Festa Medieval
Momento da representación do Foral en Sobrado de Trives.
Momento da representación do Foral en Sobrado de Trives.

A Asociación Cultural Folión de Sobrado ultima os preparativos do que será a cuarta edición da súa Festa Medieval, que se desenvolverá na fin de semana do 2 e 3 de agosto en Sobrado (A Pobra de Trives).

Nela recréase a anexión do Foral de Sobrado e os seus Mosteiros á Coroa de Felipe II a través dun programa de dous días, nos que este pobo rememorará aqueles feitos e vivirá unhas xornadas medievais.

Haberá un mercadiño medieval na praza, elexirase ao Rei das festas, que logo será coroado, haberá unha gran cea “que en honor de SS. MM se ofrece aos nobres da vila”, xogos e torneos populares, así como o esperado acto de inquisición e queima da meiga, entre outras propostas.

A novidade desta cuarta edición será un concurso de engalanado de fachadas e rúas que os veciños de Sobrado “acolleron de moi boa gana. Son moitos os que desde hai meses preparan os seus escudos e adornos medievais para participar en tan vistoso concurso”, aseguran dende a organización.

Foto: Asociación Cultural Folión de Sobrado

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button