CulturaCulturaÚltima hora

Lamalonga celebra o décimo aniversario da súa Semana Cultural

Música, literatura e moito cariño. Foron os ingredientes principais do acto central do décimo aniversario da Semana Cultural de Lamalonga (A Veiga) e tamén da Asociación Pepe de Barrio. Tiña lugar o 16 de agosto na igrexa parroquial desta localidade e nela participaban membros do Círculo Poético Ourensán cun recital de poesía moi especial. Ademais, as súas intervencións foron intercalándose con cancións interpretadas polo grupo valdeorrés Son do Sil.

Entre os numerosos asistentes, estiveron a viúva e a filla de Pepe de Barrio, artista de Lamalonga a quen se lembra e homenaxea cada ano a través de diferentes actos dende a asociación que leva o seu nome.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button