Con dúas contudentes vitorias, primeiro contra Xapón e logo contra o equipo de Brasil vén de encetar a selección española feminina de baloncesto a súa andaina no mundial que se celebra en Turquía. Así o conxunto de Lucas Mondelo, técnico de orixe valdeorresa, debutaba xogando contra as niponas e rematando o partido cun destacado marcador a favor de España: 74-50.
Ao día seguinte, domingo 28 de setembro, chegaría o segundo triunfo e, polo tanto, o pase a oitavos para as españolas. Enfrontábanse a Brasil, unha potencia neste deporte, pero logrou barrela da pista cun salientable resultado de 83 a 56.
Entre os seguidores que animaban a España estaban varios familiares valdeorreses de Lucas Mondelo, que non dubidaron en desprazase a terras turcas para seguir de preto o mundial e apoiar á selección.
A seguinte cita das españolas será fronte á República Checa.