Monográfico Moda veránMonográficos

Rumbo á RDFW de Nova York

Marisú Miranda presentará en setembro a colección Valle del Oro

Marisu-y-Angela

De cidade en cidade. De país en país. De desfile en desfile. De gala en gala. A deseñadora barquense Marisu Miranda non para, e iso que ela mesma asegura que xa está cansa deste ritmo, atopándose a piques de rematar unha etapa e de buscar novos retos e proxectos que lle permitan, iso si, seguir disfrutando co que fai, buscando inspiración debaixo das pedras e transformando unha idea, un soño, en realidade.

Con todo, o 2012 está sendo un dos anos máis intensos na vida profesional e social de Marisu. Comezaba a tempada asistindo a numerosas festas e actos públicos convidada polas súas exclusivas clientas. Cunha delas, propietaria da revista dos Grammys, asistía á gala dos premios da música celebrada en Los Ángeles a comezos de febreiro e só unhas semanas máis tarde, partía rumbo á Santo Domingo para participar na República Dominicana Fashion Week.

Alí o Gran Area del Cibao, escenario por excelencia das grandes manifestacións artísticas e deportivas, foino durante cinco días, da moda, acollendo as coleccións de preto de cincuenta deseñadores de todo o mundo. Entre eles Marisu Miranda que como residente en Florida participaba en representación de EE.UU., presentando a súa colección “Freedom” e compartido pasarela con modistos españois de renome como Carlos Díez ou Devota & Lomba.

Texto: Mónica G. Bellver
(Máis información na edición en papel do Especial Moda de O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button