DeportesGalerías de fotosÚltima hora

200 participantes no V Medio Maratón e IV Andaina de Petín

A chuvia acompañaba nalgunhas partes do percorrido aos 200 participantes na V Medio Maratón de Petín e IV Andaina Popular, que se desenvolvía na tarde do 6 de setembro nun circuíto que discurría por este concello, pero tamén polos da Rúa e Vilamartín. O punto de partida era, un ano máis, a praza petinesa de onde partían ás seis da tarde os inscritos na andaina. Media hora despois era o turno dos corredores. A cita concluía ao redor das oito e media da tarde coa entrega de premios e despois tiña lugar unha cea no Tele-Club.

O V Medio Maratón de Petín, proba incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo (FGA), foi organizado polo Concello en colaboración coa Delegación Valdeorresa da FGA e coa Asociación Fonte Grande. Ademais dende a organización agradecen a colaboración das diferentes entidades e organismos que fixeron posible a súa realización.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button