Deportes

3º Rallye Ourense-Ribeira Sacra

A proba, puntuable para o campionato galego, celébrase o 4 de outubro
O Porsche de Sergio Vallejo, gañador da anterior edición do rallye. /Foto: Belay.
O Porsche de Sergio Vallejo, gañador da anterior edición do rallye. /Foto: Belay.

Os flamantes campións galegos de rallyes Iván Ares e Álvaro Bañobre, ao volante do Porsche 911 GT3, encabezan a lista do cento de inscritos no 3º Rallye Ourense-Ribeira Sacra que se celebrará os días 3 e 4 de outubro organizado pola Escudería Luintra.

A proba dará comezo hoxe venres día 3 ás 21h. con saída do Tramo Castro de Beiro cun circuíto de 5,120 qms, pero non será ata o día seguinte sábado día 4, cando arranque a competición propiamente dita. Ás 9:10h. comezará o primeiro pase do tramo entre Maceda e Baldrei, cun total de 10,430 quilómetros. A segunda pasada será ás 12h. Os pases dos pilotos polo terceiro tramo, entre San Miguel e Luintra con 10 quilómetros de percorrido está previsto para as 10h. e as 12:50h.

Xa pola tarde desenvolveranse os dous últimos tramos. O de Ordelles-Esgos con 12 quilómetros de percorrido está previsto para as 16:17h (primeiro pase) e para as 18:47h. (segundo) mentres que o de Melias-Luintra de 10,450 quilómetros terá lugar ás 17:10h. e ás 19:40h.
Segundo o programa do rallye, feito público pola organización, a publicación de resultados está prevista para as 22h. e a entrega de trofeos, para unha hora máis tarde no pavillón de deportes de Luintra (Nogueira de Ramuín).

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button