ConcellosÚltima hora

52 Festa do Pulpo do Carballiño

O día central será o domingo 10 de agosto co xantar popular no parque municipal
Xantar popular da Festa do Pulpo. /Foto: Carlos G. Hervella.
Xantar popular da Festa do Pulpo. /Foto: Carlos G. Hervella.

A programación da Festa do Pulpo do Carballiño estenderase ao longo de doce días comezando o venres 1 de agosto coa inauguración do alumeado nas rúas e fachada do Concello (baile coa orquestra Nueva Generación), e rematando o martes día 12 coas xornadas de folclore internacional na praza Maior.

Con todo, o día central será o domingo 10 de agosto. A Festa do Pulpo é unha romaría gastronómica campestre, polo que se desenvolve no parque municipal de O Carballiño. Os actos comezan pola mañá, cos pasarúas e desfiles dos grupos folclóricos que parten da praza Maior rumbo ao recinto feiral.

A actividade no parque comeza en torno ás dez da mañá, coa chegada dos romeiros. Previamente, dende o mencer, pulpeiras, vendedores de produtos alimenticios ou artesanais e taberneiros, ultiman os preparativos para satisfacer a demanda dos miles de visitantes que acuden ao recinto e chegan de forma masiva en torno ás 12h.
Os grupos de gaitas percorren permanentemente o recinto feiral e ás 13h. recibirase ás autoridades, co xantar previsto para as 14:30h. amenizado polas charangas Dr. Anchoa e Castro Bello.

Ás 11:45. e ás 17h, terá lugar o festival folclórico de bailes tradicionais galegos, coa actuación de: grupo de gaitas e danzas “Orcellón”, agrupación Lembranzas de Bergantiños, grupo de baile e música A Nosa Terra, rancho folclórico e etnográfico de San Miguel de Andrade, grupo de baile e gaitas Santalaia e agrupacións folclóricas residentes en Cataluña.

A actividade no parque municipal concluirá en torno ás dez da noite, cando os romeiros abandonan o parque, rematando a festa na praza Maior coa orquestra Mosaico.

Para pechar a programación, o luns, día 11 celébrase a Festa do Pulpo Pequeno, durante toda a xornada na praza da Veracruz.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button