CulturaCulturaEducación

A Cebra Camila, no Día do Libro en Trives

trivesdialibro

trivesdialibro2

Acompañados pola Cebra Camila, pola lectura e pola imaxinación os rapaces triveses celebraban o pasado 23 de abril o Día do Libro. Puideron desfrutar dun contacontos na Biblioteca Municipal da man das súas traballadoras.

Foi un fermoso conto que “enfeitizou aos pequenos, e inicia aos máis cativos á lectura ensinándolle ademáis valores como amistade, solidaridade, obediencia, compartir…”, explican dende a organización.

Cada neno asistente ó contacontos recibiu de agasallo un marcapáxinas. Na actividade participaron rapaces de educación infantil e de 1º e 2º de E. Primaria de Trives.

Fotos: cedidas pola Biblioteca Municipal de Trives

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button