EconomíaEconomíaViticultura

A D.O. Monterrei, en “Cociñeiras con estrelas”

A xornada gastronómica desenvolvíase o 20 de maio no Pazo de Mella (A Coruña)

cociñeiras

A Denominación de Orixe Monterrei vén de colaborar o 20 de maio na iniciativa solidaria “Cociñeiras con estrelas”. Trátase dun evento gastronómico, froito da unión desinteresada de seis cociñeiras (con 5 estrelas Michelin e 8 soles da guía Repsol) para recaudar fondos a favor da Asociación Española contra o Cancro.

Elas son Fina Puigdevall, Begoña Rodrigo, Macarena de Castro, Yolanda León, Aizpea Oihaneder e a galega Beatriz Sotelo, que estiveron acompañadas polo chef Kike Piñeiro. Encabezaron o cartaz da xornada gastronómica que se desenvolvía no Pazo de Mella (A Coruña) e que estivo organizada en dúas etapas, un show cooking para 175 persoas, aberto á participación de público, e unha cea privada, onde a D.O.Monterrei participou cunha mesa de representación.

Foto: cedida pola D.O. Monterrei

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button