Galerías de fotosOurenseÚltima hora

A gala do comercio de Ourense

Termalismo, moda e comercio, na primeira edición da Pasarela Calpurnia

A actividade comercial, a moda e o termalismo, en primeiro lugar, pero tamén a historia, a música e o glamour. Estes foron os ingredientes da primeira edición da Pasarela Calpurnia, a gala do comercio ourensán, que se celebraba na noite do 13 de setembro nas piscinas termais das Burgas en pleno centro da cidade de Ourense, un evento organizado conxuntamente polo Concello e a Federación de Comercio para “potenciar o turismo de compras, a importancia turística de Ourense como capital termal e histórica, e centro neurálxico da moda e do comercio”. Unha iniciativa que nacía da unión e colaboración de institucións, empresarios e comerciantes de Ourense, coa pretención de converterse nun reclamo anual para a cidade.

Esta primeira edición de Calpurnia, quixo rendir homenaxe á primeira habitante da capital cunha alegoría na que as ninfas volveron rexurdir das augas, así como á pegada romana na cidade. Por iso, o espectáculo, dividido en tres partes, arrancaba cun desfile de romanos polas rúas antes de dar paso á primeira parte da gala, a musical. Entre os convidados Mirian Villar, de Operación Triunfo; Loli Nogueira, de Tú si que vales, ou a ourensá Aída Blanco. Tamén Adrián Rodríguez, cantante e actor de series como Física y Química e El Chiringuito de Pepe.

A segunda parte da gala, o desfile, contou con dous presentadores de excepción: o showman televisivo Rafa Durán, e a actriz e modelo Diana Nogueira, encargados de presentar cada un dos pases: Araújo, El Vestidor de Antonia, Íntimo Varela, Íntimo Candy, Roberto Verino, Alvarino e Ana Barril.

A teceira parte da gala, xa nos xardíns das Burgas foi todo un espectáculo de luz e cor con animación de artistas e barras de desgustacións gratuítas de produtos galegos.

No desenvolvemento da gala, coordinada pola Axencia Luena, colaboraron os centros comerciais abertos da cidade (Ourense Centro, Couto centro, Ourense Norte), a Asociación de Empresarios e Comerciantes do 21, a Asociación de Pasteleiros e Confiteiros de Ourense, Pontevella Centro Comercial e Ocio, a Asociación de Floristas de Ourense e Provincia, a Asociación de Empresarios de Perruquería e Salóns de Beleza de Ourense, a Deputación Provincial e ABANCA.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button