ConcellosOurenseSen categorizar

A Garda Civil de Ourense celebra o seu 170 aniversario

Ourense170AniversarioGardaCivil

Ourense170aniversarioGardaCivil098

A comandancia da Garda Civil de Ourense, en Santa Mariña, celebraba no mediodía do 13 de maio o 170 aniversario da fundación do corpo, nacido en 1844. Foi unha emotiva conmemoración que contou coa presenza de numerosos representantes políticos e sociais da provincia.

Entre as intervencións no acto estivo a do tenente coronel Manuel Novo Colldefors, quen fixo un repaso da evolución histórica do corpo e tivo palabras de eloxio para os “grandes pequenos sacrificios” dos axentes do Instituto Armado ao largo da súa historia e que, segundo resaltou, “deixáronnos un legado de prestixio ante a sociedade”.

Tamén tomaba a palabra o subdelegado do Goberno en Ourense, Roberto Castro, quen rescatando unha cita da escritora mexicana Elena Poniatowska, fecilitaba á Garda Civil e reclamaba para ela “un protagonismo emotivo, agradecido e de recoñecemento polo seu labor desenvolvido en tantos años de servizo prestados”.

Asemade no decurso do acto condecorouse a cinco gardas civís.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button