EconomíaEconomíaPizarraÚltima hora

A pizarra valdeorresa, en TVE

Un equipo do pograma “Fabricando Made in Spain” visita Valdeorras, principal exportadora do mundo desta pedra natural

Dende a súa extracción na mina ata a colocación en cuberta. O programa “Fabricando Made in Spain” no seu capítulo 37 (emitido na primeira semana de outubro) facía un percorrido polo proceso de fabricación da lousa. E para iso desprazaba a un dos seus equipos, encabezado por San Morales ata Valdeorras, principal exportadora de lousa do mundo. Visitaban O Barco e tamén entraban na mina subterránea dunha das empresas da zona.

Dende a extracción en mina, o presentador ía debullando cada un dos pasos da fabricación da lousa enlazando entrevistas con traballadores que participan en cada un deses procesos. Da mina á nave e, de seguido, á colocación en cubertas.
Aquí amosamos algunha das imaxes desta reportaxe que pode verse integra no seguinte enlace:
web RTVE

O equipo de RTVE, chegando á mina.
O equipo de RTVE, chegando á mina.
Os labradores, nunha das imaxes da reportaxe.
Os labradores, nunha das imaxes da reportaxe.
San Millán, cunha das traballadoras que participan no proceso de selección da lousa.
San Millán, cunha das traballadoras que participan no proceso de selección da lousa.
Detalle da explicación sobre a colocación da lousa en cuberta.
Detalle da explicación sobre a colocación da lousa en cuberta.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button