ConcellosDeportesÚltima hora

A Ribeira Sacra contará cun centro de BTT

A iniciativa será promovida dende os concellos de Parada de Sil e de Nogueira de Ramuín
Visita do vicepresidente da Xunta ao concello de Nogueira de Ramuín.
Visita do vicepresidente da Xunta ao concello de Nogueira de Ramuín.

O centro BTT Ribeira Sacra contará cunha rede de rutas que duns 100 quilómetros, percorridos sinalizados, un punto de acollida con información turística e servizos para as bicicletas, zona de aparcamento e material sobre as rutas. Na súa posta en marcha están a traballar os concellos de Parada de Sil e Nogueira de Ramuín, que contan cunha subvención de 40.000 euros ao abeiro da orde de infraestruturas de uso público da Administración galega.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, achegábanse o 1 de setembro ata o concello de Nogueira de Ramuín para coñecer de preto esta iniciativa. Estes centros BTT Galicia son un proxecto promovido por Turgalicia, para dotar á comunidade dunha rede para a práctica de ciclismo con bicicleta todo terreo.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button