Concellos

Aberta a rede de gas na Rúa

Repsol inaugura o servizo de propano canalizado nesta localidade valdeorresa
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Dende o 9 de xullo, A Rúa conta con suministro de gas propano canalizado co centro de almacenamento na finca de A Filgueiriña. E para inaugurar o servizo, achegábase ata a localidade ruesa o director territorial de Repsol Butano en Galicia César Joral Moral, acompañado polo director de Teica-gas (empresa responsable das obras de canalización) Alfonso Calvo.

Coa apertura da chave que dá paso ao gas, do que xa disfrutan algúns veciños da Rúa, culmina un proxecto que se remonta anos atrás e polo que loitaron as distintas corporacións que pasaron polo Concello.

Cun investimento duns 850.000 euros a nova rede de abastecemento de gas permitirá a máis de 1.200 vivendas acceder a “unha fonte de enerxía cómoda e limpa, e atender así a tódalas necesidades de auga quente, calefacción e climatización en fogares e empresas” explican dende Repsol.

Texto: Mónica G. Bellver Texto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button