Concellos

Actividades lúdicas e culturais no verán en San Clodio

A aula de pesca é o punto de encontro para os cativos que participan no campamento
Nenos participantes no campamento./ Foto: Carlos G. Hervella
Nenos participantes no campamento./ Foto: Carlos G. Hervella

Cada verán dende o ano 1999, o Concello de Ribas de Sil organiza para os meses de xullo e agosto, un campamento infantil no que os “nenos da cidade que pasan a época estival no pobo, teñen a oportunidade de compartir actividades de lecer e culturais cos pequenos do ámbito rural” explica o concelleiro de Cultura Roberto Castro, adiantando que esta foi unha das primeiras actividades que se organizaronn dende o departamento que el mesmo coordina, fomentando o aspecto social e cultural.

Tal como o propio Roberto asegura, “funciona moi ben e ten moito éxito” chegando a xuntar a 60 pequenos no mes de agosto. O punto de encontro onde se reúnen tódolos días para iniciar as actividades é a aula de pesca nas inmediacións da praia, onde se dividen en grupos e desenvolven actividades tanto no parque infantil como no pavillón polideportivo e sobre todo na praia fluvial.
Actividades van dende xogos populares ata manualidades ou actividades relacionadas co entorno natural.

Para financiar o campamento, o Concello cobra unhas tarifas que van dende os 30 euros polos dous meses ata os 10 euros por unha semana, “máis unha pequena aportación da Deputación e unha partida do Concello” engade Roberto, facendo fincapé na importancia dos postos de traballo que se crean durante os dous meses de verán, xa que conta con tres monitores.
O horario é de 10 a 13h. de luns a venres.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button