EconomíaEconomíaÚltima hora

Allariz sabe a doce

O 7 de setembro a localidade será escenario da XIX da Feira do Doce, Amendoado e Melindre
Detalle do cartaz da Feira do Doce de Allariz.
Detalle do cartaz da Feira do Doce de Allariz.

Amendoados, améndoas de pico, melindres, torta real ou licor. Serán algúns dos deliciosos produtos “con denominación de orixe de Allariz” que se poderán degustar e mercar na XIX da Feira do Doce, Amendoado e Melindre desta vila ourensá. Celebrarase o 7 de setembro no Paseo da Alameda.

A feira abrirá as súas portas ás dez da mañá e tará un horario ininterrompido ata as 21:00h. Entre os eventos previstos destaca a celebración do IV Concurso Afeccionado de Respostería, ás 11:30h, e o Obradoiro de repostería para nenos e nenas, ás 18:00h.

No encontro participarán reposteiros locais que compartirán espazo no recinto feiral con outras reposterías e adegas convidadas chegadas dende Pobra de Trives, León, Cantabria, Mondoñedo, Cabanas, e, por primeira vez, Portugal.

A novidade principal no programa desta edición é a incorporación solidaria, ás 18:30, da degustación dunha escultura de doce en beneficio de Cáritas Allariz.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button