DeportesSen categorizar

Alta participación no torneo de golf da Ribeira Sacra

A filipina Mia Piccio gañadora, a española Tania Elósegui terceira
A ganadora co trofeo.
A ganadora co trofeo.

O campo de Augas Santas Golf e Balneario acollía a finais de maio o “OCA Aguas Santas International Ladies Open”, un torneo no que participaron un total de 73 xogadoras, entre as que destacou a filipina Mia Piccio, que conseguía a súa primeira vitoria como xogadora profesional, “cunha volta final de 69 golpes (-1) para gañar cun total de -8, un golpe por debaixo da italiana Vittoria Valvassori, grazas a unha magnífica tarxeta final de 67 golpes, tres por debaixo do par do campo, para un total de -7” explican dende o organización do torneo. A española Tania Elósegui e Lina Boqvist empataron na terceira posición cun resultado acumulado de 4 baixo par. A francesa Melodie Bourdy terminou en quinta posición grazas a un acumulado de 3 baixo par.

Entre as españolas atopamos tamén a Carmen Alonso en novena posición, Judith Cháves e María Beautell en décimo sexta posición, Virginia Espejo vixésimo primeira e Patricia Lobato vixésimo quinta.

O premio especial para a mellor amateur clasificada foi para a alemana Franziska Friedrich, que chegaba ao torneo como un dos nomes fortes ao ser xa coñecida no mundo amateur polas súas grandes actuacións.

Con estes resultados pechábase unha nova edición do “OCA Aguas Santas International Ladies Open”, que contou coa colaboración, do Hotel Aguas Santas Golf e Balneario (sede e hotel oficial do torneo), á Deputación de Lugo, ás federacións galega e española e ao Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra, “maravillosa zona da xeografía galega, que nos acolleu de marabilla e fixo as delicias de tódolos asistentes” conclúen dende a organización.

O “Circuito LET Access Series” continúa a súa marcha, esta vez en Francia, concretamente en Dinard, unha das paradas clásicas, o “Dinard Ladies Open”, que terá lugar do 13 ao 15 de xuño.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button