CulturaCulturaOurenseÚltima hora

“Aquí Portugal”, en directo dende Ourense para Galicia e Portugal

É a primeira vez que as televións galega e portuguesa realizan conxuntamente a emisión en directo dun programa
Unha das actuacións do programa "Aquí Portugal".
Unha das actuacións do programa “Aquí Portugal”.

Dende as 15,15 ata as 21 horas a praza Maior da cidade de Ourense convertíase no plató televisivo ao aire libre do programa “Aquí Portugal”, que dende hai anos emite con éxito nas tardes dos sábados a Radio Televisión Pública de Portugal (RTP). Ao mesmo tempo este magazine foi emitido pola Televisión de Galicia. Foron case seis horas de entrevistas, reportaxes e actuacións en directo coa participación de numerosos artistas da provincia e con presentadores das dúas canles televisivas. Esta é a primeira ocasión na que se ten emitido un programa conxunto e en gran medida simultáneo entre a televisión galega e a portuguesa.

Ademais Ourense convertíase en protagonista deste programa especial “sen fronteiras” de “Aquí Portugal”, que realizaban conxuntamente as televisións públicas de Galicia e Portugal dende a capital da provincia, coincidindo coa festa local dos Remedios. O programa facíase asemade coa colaboración do Concello de Ourense e da Fundación San Rosendo.

Así ao longo deste magazine “Aquí Portugal” facíase unha viaxe turística pola cidade con visitas á Catedral, ao seu pasado termal cunha parada nas Burgas e nas termas públicas e privadas da cidade. Tamén se fixo fincapé no sector vitivinícola ourensán, con catro denominacións de orixe, así como na gastronomía e na artesanía, no mundo empresarial e da I+D+i ou na música e danza, entre outros temas.

Imaxe dos presentadores deste programa especial realizado dende a praza Maior de Ourense.
Imaxe dos presentadores deste programa especial realizado dende a praza Maior de Ourense.

Fotos: Nacho Gómez

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button