EconomíaEconomíaGalerías de fotosÚltima hora

As carnes ecolóxicas galegas marídanse cos viños valdeorreses no Hotel El Ciervo

Ao redor de trinta persoas participaban na noite do 25 de xullo nunha xornada gastronómica adicada que se combinaban os viños da D.O. Valdeorras coa carne de calidade no Hotel El Ciervo de Xares (A Veiga). En total os asistentes puideron degustar catro tipos de carnes, tres delas galegas (as de raza Cachena, Vianesa, Caldelá) e unha portuguesa, a Maronesa.

Cada un destes pratos ía acompañado por outros tantos caldos valdeorreses: o godello Gaba do Xil de Telmo Rodríguez e as garnachas Perdida de Larouco, da Coroa (A Rúa) e coa de José Luis Aristegui (A Rúa). O resultado foi unha interesante maridaxe que permtíu coñecer e desfrutar de dous produtos de calidade especialmente ligados a Valdeorras.

Esta foi a primeira dunha serie de xornadas gastronómicas que este establecemento de hostalaría veigués pretende levar a cabo neste ano, tal e como sinala o seu o xerente, Julián Pena.

Fotos: Carlos G. Hervella
Máis información e fotos na edición en papel do Periódico O Sil

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button