Concellos

Centro de BTT Portas de Galicia

En xuño tiña lugar a sinatura do convenio de colaboración para a xestión deste centro Portas-de-Galicia-BTT

O futuro Centro Bicicleta Todo Terreo (BTT) Portas de Galicia estará situado en plena fronteira entre Galicia, Portugal e Castela e León (o que permitirá ter un amplo abano de público obxectivo para desfrutar destas novas instalacións) e contará cun total de 244 km (divididos en doce percorridos), que permitirán coñecer os concellos da Gudiña, Vilariño de Conso, Viana do Bolo, Riós e A Mezquita.

O pasado 25 de xuño tiña lugar a sinatura do convenio de colaboración para a xestión deste centro BTT entre Turismo de Galicia, a Asociación de Municipios para o Plan de Competitividade Turística das comarcas de Monterrei e Conso Freirias e os concellos de Riós, A Gudiña, A Mezquita, Vilariño de Conso e Viana do Bolo.

Para equilibrar a dimensión das rutas en cada municipio o centro estará dividido en dúas zonas. A norte estará formada por 2 rutas en Vilariño (onde haberá un punto de información) e outras 2 en Viana (cun punto de acollida). Na zona sur haberá sete rutas.
Este será o segundo centro da rede de BTT de Galicia.

Texto: O Sil/Redacción Ourense

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button