ConcellosÚltima hora

Charla sobre viños e produción vitivinícola, no Barco

As xornadas de divulgación sobre a conservación do medio natural chegarán a Valdeorras o 3 de outubro
Cartel das xornadas.
Cartel das xornadas.

Entre o 24 de setembro e o 28 de novembro, desenvolveranse 20 xornadas noutras tantas localidades con vinculacións xacobeas, de 20 comarcas das catro provincias galegas, nas que cada día tratarase un tema ou un contorno temático sobre “A conservación do medio natural, unha tarefa de todos”. Na provincia de Ourense, desenvolveranse en catro vilas: O Barco de valdeorras, Verín, Celanova e O Carballiño, sendo Valdeorras a primeira parada.

Así pois o vindeiro venres 3 de outubro, chegará ao Barco a xornada sobre “Viños e produción vitivinícola”. Pola mañá, ás 12:30h. haberá unha sesión no IES Lauro Olmo para estudantes e persoal docente, e pola tarde, ás 20h. outra no salón de actos do Edificio Multiusos, orientada ao público máis diverso do propio concello ou dos limítrofes.

A actividade está organizada pola Universidade de Santiago de Compostela e coordinada por Luís Celeiro Álvarez. No Barco falarán tres relatores: Julián García Berrios, profesor de Produción Vexetal no Campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela; Mª Ángeles Camino Saco, doutorada no departamento de Produción Vexetal, na Escola Politécnica Superior da USC; e Almudena Martín Rodríguez, xornalista, que fará a función de moderadora.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button