CulturaCulturaEducaciónÚltima hora

Comezo de curso reivindicativo no CEIP de Manzaneda

A ANPA, que está en contra do servizo de catering, pide poder sentarse a falar co conselleiro de Educación
Imaxe dunha das accións reinvidicativas da ANPA do CEIP Manzaneda en defensa do servizo de cociña do centro./ Foto: Carlos G. Hervella
Imaxe dunha das accións reinvidicativas da ANPA do CEIP Manzaneda en defensa do servizo de cociña do centro./ Foto: Carlos G. Hervella

Os pais do CEIP de Manzaneda seguen negándose ao servizo de catering neste centro escolar. E co obxectivo de poder tratar este tema teñen intentado reunirse en varias ocasións co conselleiro de Educación. “O que queremos é simplemente dialogar, que nos expliquen os motivos desta decisión e poder buscar algunha alternativa”, explican dende a ANPA, que na tarde do 3 de setembro se reunía para decidir as accións a realizar no comezo do curso.

No caso de que non haxa novidades antes do inicio das clases, os pais acordaban levar os nenos ao colexio o 10 de setembro, pero, como medida de protesta, volver con eles para casa. E continuarán con novas accións “ata que o conselleiro decida falar con nós. Só queremos arranxar a situación, por iso se antes do inicio do curso se senta con nós a dialogar, nós agradeceriámosllo”, aseguran dende a ANPA.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button