CulturaCulturaMúsica

Concertos, xogos e escuma á beira do río Sil, no I Valdeo Fest

Esta iniciativa, pensada para todas as idades, celebrábase o 15 agosto e foi organizada por AMAVA, Café Bar Triskel e PC Red Informática
Público asistente a un dos concertos do Valdeo Festa, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.
Público asistente a un dos concertos do Valdeo Festa, no Barco./ Foto: Carlos G. Hervella.

Ofrecer unha xornada lúdica e marcada pola música valdeorresa para un público de todas as idades ás beiras do río Sil. Con esa filosofía nacía no Barco o 15 de agosto o “I Valdeo Fest”, promovido dende a Asociación de Músicos Alternativos de Valdeorras (AMAVA), Café Bar Triskel e PC Red Informática, e que tiña unha boa acollida.

No seu programa incluíanse multitude de propostas, boa parte delas para desfrutar en familia. Así este evento comezaba xa de mañá ao ritmo da gaita e do tambor na zona do Malecón próxima ás piscinas. A pé de río instalábase unha zona de inchables que facía as delicias dos máis pequenos. Ao redor da unha tiña lugar unha festa da escuma, na que de novo os protagonistas eran os cativos.

A partir de aí ofrecíase a posibilidade de continuar na beira do Sil degustando unha churrascada para repoñer forzas de cara a voltar aos inchables a partires das cinco. Ademais de xogos e actividades, tras o xantar houbo tamén actuacións e unha entrega de agasallos.

A medida que ía caendo a tarde, comezaban a chegar á zona do festival os grupos valdeorreses que completaron o último treito do progama. Iniciábanse as probas de son e tamén as ceas, facendo tempo para os concertos da noite, pensados xa para os maiores.

Texto: A.R. Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button