ConcellosÚltima hora

Continúa a campaña de separación de residuos no Barco

O programa de composteiros comunitarios foi presentado na urbanización La Cerámica

O BarcoreciclaCeramica6781

Na tarde do xoves 3 de abril, o alcalde do Barco Alfredo García achegábanse ata a urbanización La Cerámica para presentar o programa de composteiros comunitarios, incluído dentro da campaña de separación de residuos: “Se separas aforras”.

A reunión cos veciños para explicar o funcionamento do composteiro (no que botar os residuos orgánicos) e buscar a súa colaboración, tiña lugar na aula do Centro Ocupacional da urbanización.

O programa xa fora presentado na urbanización Las Huertas e nos centros escolares do pobo.

Fotos: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button