ConcellosÚltima hora

Créase a plataforma en defensa do partido xudicial de Valdeorras

A reunión constituínte tiña lugar na tarde do 10 de xullo no salón de actos do edificio multiusos do Barco
Un dos momentos do encontro.
Un dos momentos do encontro.

A defensa do partido xudicial de Valdeorras e, polo tanto, dos seus xulgados ante o anteproxecto de lei que promove o goberno central e que suporía a súa desaparición. Con esa finalidade vén de poñerse en marcha na tarde do 10 de xullo no Barco a Plataforma cidadá pola defensa dos xulgados de Valdeorras, que se suma ás plataformas xa existentes noutras zonas de provincia de Ourense cunha finalidade semellante.

Nesta reunión constituínte integráronse dentro da plataforma profesionais da xustiza, funcionarios, así como concellos, asociacións empresariais, sindicatos ou entidades culturais, entre outras.

No encontro tamén se acordou convocar unha vindeira xuntanza para acordar medidas de actuacións e mobilizacións.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button