EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Cristina Pato, Miguel Anxo Prado e Ignacio Vilar, coa Feira do Viño de Valdeorras

O Consello Regulador prepara un novidoso programa con diversas presentacións e que inclúe música, arte e cine
A gaiteira Cristina Pato, nunha actuación.
A gaiteira Cristina Pato, nunha actuación.

A XVII Feira do Viño de Valdeorras preséntase con multitude de novidades. Ademais do cambio de ubicación, xa que desta volta será na praza Andrés de Prada do Barco, contará cun programa renovado no que, xunto ao viño, ganan protagonismo a música, a arte e o cine. Así, a mostra, que se celebrará os vindeiros días 12 e 13 de xullo no Barco terá como anfitrións a gaiteira e pianista ourensá Cristina Pato e ao director valdeorrés Ignacio Vilar.

Asemade ao longo do vindeiro mes de xuño realízaranse presentacións no certame nas catro provincias galegas, nas que se contará coa presenza de artistas recoñecidos como Cristina Pato ou o ilustrador Miguel Anxo Prado, segundo se adiantaba dende a organización.

Máis información na vindeira edición do Periódico O Sil

Ignacio Vilar, con membros do equipo de "A Esmorga", en Petín./ Foto: Mónica G. Bellver
Ignacio Vilar, con membros do equipo de “A Esmorga”, en Petín./ Foto: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button