Concellos

Das conservas á cervexa artesá

Talleres do programa Eixo Interior, no Barco
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Promover a profesionalización no sector da produción de cervexa artesá e presentar unha vía alternativa de desenvolvemento socioeconómico e de emprendemento. Con estes obxectivos impartirase os días 23 e 30 de novembro do Barco o obradoiro “Elaboración de cervexa artesá de excelencia”, organizado dende o programa Eixo Interior.

É unha formación de carácter práctico que se realizará no IES Martaguisela e que se estruturará en dúas partes. Na primeira, os asistentes aprenderán a producir de xeito artesanal cervexa seguindo os “modos de facer e as receitas tradicionais”. Ademais empregaranse produtos de orixe caseira. Para completar o taller ofrecerase un exemplo empresarial de produción deste tipo de cervexa.

As persoas interesadas poden inscribirse no Centro de Promoción de Produtos Tradicionais (CPT) do Barco (telf. 988783263). Este é o segundo taller que se desenvolve en outono dende este centro, creado no marco do proxecto Eixo Interior (do que forma parte o Concello do Barco). Así en outubro celebrábase cun gran éxito de participación (ata 45 alumnos) un obradoiro de elaboración de conservas de vexetais, entre elas marmeladas de froitas. Este cursiño foi impartido por unha responsable da empresa Caurelor.

Texto: O Sil/Redacción Foto: Carlos G. Hervella

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button