CulturaCulturaÚltima hora

De “Serán”, en Manzaneda

A vila será escenario na tarde do 22 de marzo diversos xogos tradicionais e música galega

seranmanzanedacartaz

Dende as 15:30 h. ata as 19:30 h. o patio da escola acollerá o día 22 de marzo unha serie de xogos tradicionais no marco do “1º Serán en Manzaneda”. Así celebrarase o 3º Torneo de Bolos, un aberto de billarda e tiro a chave. As inscricións poderán realizarse ese mesmo día no campo de bolos ata o inicio da competición.

Haberá premios para os participantes en todas as categorías, tal e como se informa dende o Concello de Manzaneda.

Asemade o programa incluirá diversas actuacións de música tradicional da man das Cantareiras da Rebusca, Os Bertolini e Airiños de Caldelas.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button