Concellos

Demanda unánime

Valdeorras pide a Fomento o arranxo urxente da N-120 e da N-536

AEVA-Reunion-políticos-infraestructuraspoliticos-1

Valdeorras non admite máis demoras. Considera urxente e prioritaria a mellora das súas principais infraestruturas de comunicación. A demanda unánime saía dunha reunión convocada na tarde do 27 de xuño pola Asociación Empresarial de Valdeorras (AEVA). Nela participaron, ademais dos directivos da asociación, seis dos nove alcaldes da comarca (faltaron as alcaldesas de Carballeda e Sobradelo por coincidencia cun pleno e o rexidor da Veiga), os dous deputados valdeorreses no Parlamento galego (Moisés Blanco do PP e Carmen Acuña do PSdeG-PSOE) e o presidente da Comisión de Fomento no Congreso, o deputado do PP por Ourense Celso Delgado Arce.
Na xuntanza alcanzábase un acordo con tres puntos do que daba conta o presidente de AEVA, Javier Rodríguez Paradelo. O primeiro deles é solicitar “ao Ministerio de Fomento a liberación de recursos públicos, urxentes e prioritarios para o mantemento do firme da N-536 e da N-120”. Nesta última referiuse, en concreto, aos tramos de Biobra, da ponte da Veiga de Cascallá e da Rúa. Empresarios e políticos demandan que as obras nestas estradas nacionais se realicen xa durante este verán.

Texto: Ángeles Rodríguez Foto: Carlos G. Hervella

(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil)

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button