DeportesÚltima hora

Desafío 42, en Ourense

Esta proba de running extremo traerá a Ourense aos mellores especialistas os días 20 e 21 de setembro
Acto de presentación de "Desafío 42".
Acto de presentación de “Desafío 42”.

Serán un total de tres carreiras nas localidades de Ribadavia, Nogueira de Ramuín e Ourense cidade. Nelas os atletas percorrenrán as seguintes distancias: circuíto asfalto-terra Ribadavia-Beade-Leiro-Beade-Ribadavia, de 21 km, que se disputará o 20 de setembro ás 10.00 horas; circuíto asfalto-terra de Nogueira de Ramuín, de 11 km, que se correrá o 20 de setembro ás 19.30 horas, e o circuíto asfalto-terra de Ourense cidade, de 10 km de percorrido, carreira que se disputará o 21 de setembro, ás 11.00 horas.

Así será “Desafío 42” unha proba de running extremo que se desenvolverá os días 20 e 21 de setembro na provincia de Ourense. A súa presentación celebrábase o 11 de setembro no Mosteiro de San Clodio (Leiro), nun acto no que participaban o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; o alcalde de Leiro, Francisco José Fernández; o director técnico da proba, José Ramón Rey, e o asesor de Deportes da Deputación de Ourense, Bernardino González.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button