CulturaCulturaÚltima hora

Diálogo entre Culturas, en Allariz

A Fundación Vicente Risco acolle o programa que este ano xira en torno a Galicia e Xapón
Cartel do programa.
Cartel do programa.

A galega e a xaponesa son as culturas sobre as que xirará este ano o programa Diálogo entre Culturas que se celebrará ao longo do mes de outubro na Fundación Vicente Risco de Allariz.

A presenta edición ábrese hoxe, venres 3 de outubro ás 20:30h. coa inauguración da exposición otográfica do poeta xaponés Iasuhiro Iotsumoto, que leva por título “Xapón, antes e despois do 3/11”, así como a presentación da edición en xaponés do libro “Galiza é un mundo: o pensamento de Vicente Risco”, traducción realizada por Iasuhiro Iotsumoto.

A seguinte actividade terá lugar o domingo 19 de outubro. Trátase de dous obradoiros: un de caligrafía xaponesa (de 10 a 11h. para nenos de 8 a 12 anos, e de 11:15 a 12:15h. para maiores de 12 anos); e outro de Origami (de 12:30 a 13:30h. para nenos de 5 a 12 anos e de 16:30 a 17:30h. para maiores de 12 anos).

A terceira e última actividade, a musical terá lugar o venres 31 de outubro a partires das 20:30h. con música de Xapón (Frauta Shakuhachi) e concerto de Rodrigo Rodríguez.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button