CulturaMúsicaÚltima hora

Dous días a ritmo de música e circo en Manzaneda

O local social da Rebusca, escenario do “Findekflipas 2” os días 3 e 4 de abril
Cartaz de Findekflipas2.
Cartaz de Findekflipas2.
Cantareiras da Rebusca, no local da asociación./ Foto: Carlos G. Hervella
Cantareiras da Rebusca, no local da asociación./ Foto: Carlos G. Hervella

Case media ducia de grupos e circo para desfrutar dun fin de semana cultural en Manzaneda. A Asociación Cultural A Rebusca promove os días 3 e 4 de abril a segunda edición do “Findekflipas” cunha serie de actuacións no seu local, situado na vila.

O programa enceterase a partires das once da noite do venres 3 de abril coas actuacións de La Tarrancha, Som do Galpom e Brigada A.M. Soundsystem. A xornada do sábado comezará a partires das cinco da tarde con espectáculos circenses da man de Novo Circo Asacocirco, e cun obradoiro de malabares no exterior do local da Rebusca. O programa proseguirá con novas actuacións musicais xa ás once da noite. Desta volta sobre o escenario poderá verse a Tardepiache e Labregos do tempo dos Sputniks.

As persoas interesadas en participar poderán adquirir un bono para os dous días por un prezo de 6 euros. Máis información no facebook da Rebusca.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button