EconomíaEconomíaSen categorizar

Empresas valdeorresas e bercianas nun Speed Networking

Trátase dun encontro rápido entre empresarios co que se busca ampliar a rede de contactos
Un dos momentos do encontro celebrado no Bierzo.
Un dos momentos do encontro celebrado no Bierzo.

Unhas 30 empresas do Bierzo e Valdeorras participaban o 5 de xuño nunha xornada de Speed Networking, a primeira deste tipo que se desenvolve na citada comarca leonesa. O seu obxectivo é establecer novos contactos entre os seus participantes e consiste en fixar tandas de 3 minutos, en cada unha das cales os representantes das empresas falan sobre os seus produtos ou intercambias tarxetas con outros asistentes.

A roda de Speed Networking tivo unha duración total duns 45 minutos e nela tomaron parte empresas de diferentes sectores, fundamentalmente micropemes e profesionais.

Esta iniciativa tivo lugar no Cat&Rest e foi promovida dende o Club de Empresas Cornatel. Esta entidade nacía no 2013 buscando favorecer o contacto de empresas da comarca do Bierzo e crear sinerxias entre todos os sectores económicos. Este club está integrado fundamentalmente por pemes e profesionais de diferentes sectores da economía comarcal, que buscan compartir formación e experiencias.

Foto: cedida dende o Club de Empresas Cornatel.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button