Un total de 54 alumnos dos obradoiros de emprego “Laborán” e “Sil” recibían os seus diplomas na mañá do 6 de maio en sendos actos de clausura desenvolvidos nos concellos da Rúa e do Barco, respectivamente. Nos últimos seis meses recibiron formación especializada e realizaron distintas actuacións prácticas nos ámbitos de xardinería, carpintería e forxa. A Consellería de Traballo e Benestar destinou a estes programas mixtos de formación e emprego 373.000 euros, beneficiando a 54 persoas desempregadas.
Acompañado polos alcaldes, Rogelio Martínez explicou que iniciativas deste tipo permiten o acceso das persoas desempregadas a un posto de traballo ao tempo que ofrecen a formación teórica e práctica necesaria para que acaden unha boa cualificación e facilitarlles a súa reinserción laboral.
Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información e fotografías na edición en papel de xuño do Periódico O Sil).