CulturaCulturaSen categorizar

Exposición de Acisclo Manzano e Acisclo Novo en Ourense

Pai e fillo amosan no Centro Cultural da Deputación a súa obra escultórica en barro e madeira
Un dos momentos da presentación da mostra.
Un dos momentos da presentación da mostra.

Na tarde do 12 de maio inaugurábase no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, a exposición escultórica de Acisclo Manzano e Acisclo Novo, pai e fillo, un percorrido pola poesía e a narrativa da escultura en barro e madeira, que estes dous creadores ourensáns propoñen ao público.

Un cento de pezas dos dous escultores repártense en dúas salas do Centro Cultural para amosar “o pensamento da escultura transformado en poesía de barro e madeira”, segundo Acisclo Manzano, nesa conversa intimista que mantén coa súa obra e da que non adoita a facer exposicións. Acisclo Novo, pola contra, amósase entusiasmado “de abrir as portas do meu taller para que se vexa a crónica do meu labor escultórico; gústame que a xente me vexa traballar e que perciba os problemas que concita a escultura, á vez que transmitir ideas e sentimentos por medio da miña obra”.

A mostra estará aberta ata o 29 de xuño e proximamente publicarase o catálogo da exposición así como un vídeo documental sobre os 50 anos de Acisclo Manzano como escultor, película que recolle a traxectoria e experiencia vital do creador ourensán coincidindo co seu 74 aniversario.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button