OurenseÚltima hora

Festas no barrio ourensán de San Francisco

A música das orquestras centrará a programación, do 3 ao 5 de outubro
Unha das rúas do barrio de San Francisco, en Ourense. /Foto: Carlos G. Hervella.
Unha das rúas do barrio de San Francisco, en Ourense. /Foto: Carlos G. Hervella.

Esta fin de semana, a primeira do mes de outubro, o barrio de San Francisco en Ourense, vestirase de gala para acoller as festas de outono, unha celebración na que a música de orquestra será a protagonista.

O programa elaborado pola comisión de festas, no que colaboran veciños particulares, comercios e establecementos hostaleiros, así como o Concello de Ourense, arrancará o venres 3 de outubro a partires das 20h. co pregón para dar paso, unha hora máis tarde, á presentación da orquestra Arabia que actuará en sesión de tarde e tamén verbena, despois da cea.

Os protagonistas do seguinte día de festa, o sábado día 4, serán Los Estelares, orquestra que actuará en sesión de tarde (a partires das 21:30h.) e tamén verbena (a partires das 24h.) convidando a bailar a veciños e visitantes.

O terceiro e derradeiro día das festas, será o domingo 5 de outubro. Nesa ocasión, a Charanga Semáforo fará un percorrido polas rúas do barrio a partires das 12h. E xa pola tardiña (20h.) presentarase a orquestra Azalea que actuará ata a hora de cear, poñendo o broche aos festexos deste ano.

Máis información na edición en papel do Periódico O Sil.

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button