CulturaCultura

No Festival das Artes Escénicas

O presentador Carlos Sobera estará en Riós no 2014
Foto: Carlos G. Hervella
Foto: Carlos G. Hervella

Dende o 3 de agosto o actor Javier Gutiérrez e o adestrador Moncho Fernández, contan con cadanseu castiñeiro apadriñado no souto de Riós (Ourense). Inaugurábase así a “Ruta do Talento”, unha iniciativa do actor e produtor Rubén Riós, director asemade do Festival das Artes Escénicas que este ano celebraba a VI edición.

Gutiérrez polo seu labor no sétimo arte e Fernández no mundo do baloncesto, foron dous dos protagonistas desta edición do festival adicado ao actor Abelardo Gabriel, pero non os únicos. A cantante Rosa Cedrón conseguía a Castaña de Cristal e o programa incluía a proxección de curtas, as estreas de filmes galegos (unha aposta do propio Riós a través das súa produtora Claqueta Coqueta), accións benéficas e actuacións musicais entre as que destacaron as de Robert Ramírez, Malvela, Tony Lomba ou Pepo Suevos.

Texto: Mónica G. Bellver Foto: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button