ConcellosDeportesGalerías de fotosÚltima hora

Fin de curso das Escolas Deportivas Municipais do Barco

Os alumnos das diferentes escolas recibiron os diplomas nunha gala celebrada en Calabagueiros

Unha gran gala celebrada no pavillón de Calabagueiros na tarde do 19 de xuño, poñía o broche ao curso 2013/2014 das Escolas Deportivas Municipais do Barco de Valdeorras, que contaron con máis de 750 inscritos nos deportes ofertados: fútbol, tenis, baile infantil, atletismo, multideporte, fútbol sala, zumba, baloncesto, voleibol e ximnasia rítmica.

O acto era inaugurado polo alcalde do Barco Alfredo García, dando paso aos responsables das escolas que conduciron a gala. Primeiro, foi a proxección dun video promocional sobre as actividades desenvolvidas este ano e despois, a presentación dos monitores das diferentes escolas que recibiron un agasallo de man dos alumnos. A partires de aí, o concelleiro de Deportes Julio Fernández, sería o encargado de entregar os diplomas a cada un dos cativos, que subían ao escenario por escolas.

O peche desta I gala de fin de curso, poñíano as alumnas de zumba coa posta en escena de dous bailes para deleite dos asistentes.

Máis información e fotos na vindeira edición en papel do Periódico O Sil.

Fotos: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Back to top button